Servizos de mediación
Mediación profesional como método axeitado de solución de conflitos
Mediación para persoas particulares
En MEDIAGAL acompañamos ás partes na xestión dialogada de conflitos, creando un espazo seguro e estruturado no que poidan expresarse, comprenderse e construír acordos realistas e xustos.
Mediación para profesionais xurídicos
A mediación constitúe un método axeitado de solución de conflitos (MASC) complementario á práctica xurídica, que non substitúe a función do profesional do dereito, senón que a reforza.
En MEDIAGAL ofrecemos un servizo rigoroso e profesional para facilitar o cumprimento do requisito previo esixido pola normativa vixente antes da interposición de accións xudiciais, garantindo procesos estruturados, documentados e respectuosos cos dereitos das partes. No caso de non alcanzarse acordo, queda plenamente a salvo o exercicio posterior das accións legais correspondentes.
Mediación para empresas e administracións
A mediación é unha ferramenta eficaz para a xestión temperá e responsable dos conflitos no ámbito empresarial e institucional.
MEDIAGAL acompaña empresas e administracións públicas na resolución dialogada de discrepancias, minimizando o impacto económico, organizativo e reputacional do conflito, e favorecendo acordos sostibles e adaptados ás necesidades reais das partes.
Mediación en centros educativos e entidades formativas
MEDIAGAL ofrece servizos de mediación orientados a centros educativos, entidades formativas e organizacións sociais, promovendo a cultura do diálogo e a resolución pacífica dos conflitos.
A mediación no ámbito educativo contribúe á prevención de conflitos, á mellora da convivencia e ao desenvolvemento de habilidades comunicativas e sociais.
Outra maneira de resolver conflitos