Contacto
Información de contacto e localización
Se precisas máis información sobre MEDIAGAL ou sobre os servizos de mediación, atoparás aquí os datos de contacto e localización.
Como traballamos
Como é a mediación en MEDIAGAL?
En MEDIAGAL acompañamos ás partes ao longo de todo o proceso de mediación, desde o primeiro contacto ata a formalización dos acordos.
01
A persoa mediadora facilita, non decide
O seu labor é facilitar a comunicación, ordenar o diálogo e crear un espazo seguro no que poidan xurdir acordos reais e viables. Non impón solucións.
02
Rigor técnico e humano
Traballamos con criterios de rigor técnico e humano, contando, cando é preciso, coa colaboración doutros profesionais especializados (economía, psicoloxía, ámbito laboral…).
03
Adaptado a cada caso
Cada proceso adáptase ás circunstancias concretas do conflito, garantindo sempre confidencialidade, imparcialidade e seguridade xurídica.
MEDIAGAL
Mediamos por ti